viernes, 16 de mayo de 2014

MARCHA MARIANA

Chegou o día que todos esperabamos con ilusión: a MARCHA MARIANA!!! Estabamos invitados todos os membros de JMV para descubrir xuntos a María como compañeira de camiño e afondar no lema deste ano: "Cunha mirada nova". A Marcha Mariana celebrouse o pasado sábado 10 de maio na Illa de Arousa; alí tivemos tempo para o encontro e a reflexión; despois saboreamos a xa tradicional e deliciosa "palmeira misioneira", fixemos unha parada ante a Virxe do Carme e, como veciños mariñeiros, cantámoslle a Salve Mariñeira; continuamos o noso paseo cara ao lugar chamado "Santo", onde celebramos a Eucaristía todos xuntos. Desde o Santo, despois de celebrar a "MISA e A MESA", seguimos a Marcha cara o peirao do Chufre onde embarcamos no catamarán para darnos un paseo pola ría con degustación de mexillóns e refrescos, explicación de bateas e fondo mariño.
Foi unha oportunidade para VIVIR un gran día. Co exemplo de María, cunha mirada nova, seguiremos sementando a nosa alegría para que o noso mundo sexa cada vez máis bonito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario